O Encaixe no Camiño 2024

Como cada ano dende o 2016 a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas queremos informar que os próximos 19, 20 e 21 de xullo terá lugar en Camariñas o evento “O Encaixe no Camiño” unha feira medieval, que recrea o desembarco de Alfonso IX en Camariñas e da dama italiana que segundo a lenda ensinou a palillar.

Dende hoxe ata o domingo 14 de xullo ábrese o prazo de inscripción para todo aquel que queira ter un posto no mercado, que comezará o venres 19 de xullo ás 5 da tarde.

Poderán contactar no teléfono 647608158, 662488253 e no correo electrónico asociacionempresarioscamarinas@gmail.com para recibir máis información sobre a inscripción.

Nos vindeiros días anunciaremos o programa e cartel.