
A Sala de Exposicións do Faro Vilán, en Camariñas, acollerá durante os meses de abril e maio de 2026 a mostra “Os Muiños de O Folón e O Picón a través da plástica”, un proxecto expositivo colectivo que reúne a 40 artistas (23 mulleres e 17 homes) arredor da interpretación plástica dun dos conxuntos etnográficos máis representativos de Galicia, situado no Concello de O Rosal.
A exposición estrutúrase en dous períodos diferenciados:
- Abril de 2026, dedicado á obra dos artistas homes
- Maio de 2026, centrado na obra das artistas mulleres
Esta iniciativa, de carácter itinerante, foi presentada previamente na Casa dos Alonso (A Guarda) entre o 23 de abril e o 13 de maio de 2025, e posteriormente no Pazo de Mos, continuando agora o seu percorrido na Costa da Morte.
Datas de apertura ao público
- Do 1 ao 30 de abril de 2026
- Do 1 ao 31 de maio de 2026
Horario de visita
- De mércores a domingo: 10:00 – 14:00 h e 15:00 – 18:00 h
- Luns e martes: pechado por descanso
A mostra ofrece unha visión plural e contemporánea do patrimonio, a través de diversas linguaxes artísticas que dialogan coa paisaxe e a memoria dos muíños do Folón e do Picón, contribuíndo á súa difusión e posta en valor.
