Subvención para entidades sen ánimo de lucro

En data do 20/07/2016 dictouse pola Secretaría Xeral de Emprego a resolución pola que se outorga a Subvención para que entidades sen ánimo de lucro contraten persoas mozas para á realización de servizos de interese xeral e social, dentro do programa operativo de emprego xuvenil.

Con cargo á aplicación orzamentaria 09.41.322A.481.0, á entidade Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas foille concedida dita subvención, equivalente aos custos salariais do traballador contratado co grupo de cotización 7, maila cotización empresarial á Seguridade Social derivada de dito salario, resultante da contratación de un mozo desempregado inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para á realización do servizo “PROMOCIÓN COMERCIAL E TURÍSTICA”, mediante un contrato temporal de traballos de interese social e de duración de 7 meses. Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil.

Este servizo pretende cumplir os seguintes obxetivos:

  1. Promover o desenvolvemento socioeconómico do territorio, incentivando os comercios e o turismo mediante feiras gastronómicas e un mercado solidario, co fin de promocionalos productos Boya para incentivar os turistas a consumir este producto elaborado en Camariñas.
  2. Con estas actividades queremos dinamizar o destino turístico de Camariñas.

E así desenvolver as seguintes actividades:

  • CONCURSO DE ESCAPARATES.
  • CAMPIONATO DE PESCA.
  • EXPOSICIÓNS NA SALA DE EXPOSICIÓNS DO FARO VILÁN E ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN TURÍSTICA.
  • DEGUSTACIÓNS GASTRONÓMICAS ( CON PRODUCTOS DA CONSERVEIRA LOCAL INDUSTRIAS BOYA).
  • ACTIVIDADES DE FORMACIÓN: CURSOS, SEMINARIOS E XORNADAS.
  • ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN COMERCIAL: CAMPAÑAS PARA FOMENTAR O COMERCIO LOCAL.
Share Button