Reapertura do faro de cabo Vilán

Dende a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas informamos que o próximo día 01 de xullo vamos a proceder a reapertura do faro do cabo Vilán, e  con este xa son oito os anos que a Asociación se encarga da xestión e apertura do faro.

Gracias o noso traballo e a axuda que recibimos dende o ano 2018 da Deputación da Coruña, os visitantes que se acheguen a Camariñas e o Cabo Vilán teñen a súa disposición a sala de exposicións, a oficina de turismo e  a cafetería-tenda para poder disfrutar deste edificio tan emblématico e único da Costa da Morte.

Este ano debido á situación na que nos atopamos e basándonos nas recomendacións do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, vémonos obrigados a tomar una serie de medidas de prevención, entre elas: limitar o aforo, tanto o total como nas salas, recorrido da visita en sentido único, obrigatoriedade do uso da máscara, reducción de horario  (sendo este ano de 11h a 19h de martes a domingo)…

Como se ven facendo dende o inicio, a sala de exposicións acollerá durante este mes unha nova mostra de pintura e escultura da autora  María del Carmen Sendón.

Medidas adoptadas -> http://www.farovilan.com/wp-content/uploads/2020/06/medidas-visita-faro-de-cabo-vilan.pdf

Como facer a visita -> http://www.farovilan.com/wp-content/uploads/2020/06/visita-ao-faro-de-cabo-vilan.pdf